Solapas principales

>Charla sobre autocoidados: “Exercicios en mulleres maiores”

Miércoles, 20 marzo, 2024
Ás 18:30 horas

Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará tres charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. O mércores 20 de marzo, ás 18: 30 horas, será a quenda de Pablo Fernández, adestrador en BJ trainers & Co, que impartirá "Exercicios en mulleres maiores" na Casa dos Maiores de Bertamiráns.