Solapas principales

> Charla A Proa: "Podcasting e marca persoal"

Jueves, 4 mayo, 2023
Ás 11:30 horas

O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza para o xoves, 4 de maio, unha charla sobre podcasting e marca persoal. Terá lugar ás 11:30 horas, nas instalacións da Proa, e estará impartida por María José Bermúdez. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.

O podcasting é unha canle de comunicación que serve de aliada para emprendedores, empresas e marcas persoais. Pódese empregar como ferramenta de marketing para impulsar negocios e aumentar ingresos.

Por outra banda, o podcasting permite “falar ao oído” con clientes potenciais, ademais de comunicar os valores e puntos poderosos dunha empresa. Na charla explicarase como utilizar esta ferramenta para mellorar o negocio, desenvolver a súa propia voz e chegar ao cliente ideal, favorecendo a conexión emocional.

Ao remate, haberá tempo para resolver todas as dúbidas que xurdan, ademais de para compartir casos de éxito e consellos prácticos.