- Tipo
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas, a charla informativa para persoas migrantes sobre o novo regulamento de estranxeiría. O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno. Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora na organización da charla informativa para persoas migrantes sobre o novo regulamento de estranxeiría que se vai impartir o martes, 20 de maio, a partir das 10.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. Na organización desta charla tamén colabora a Federación Española de Municipios y Provincias.
A charla comezará ás 10.00h coa presentación. Ás 10.15h o xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría. Ás 11.30h farase un descanso de media hora. Ás 12.00h ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e ás 12.30h abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno.
