Solapas principales

> Carreira "Moitos camiños, mesma meta"

Viernes, 17 marzo, 2023
Ás 17:30 horas

Inicialmente prevista para o pasado sábado 11, a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, organizada pola Concellaría de Igualdade, celebrarase finalmente este venres 17 de marzo, ás 17:30 horas, no parque verde central do Milladoiro (parque das piscinas). Trátase dunha das actividades propostas dentro da programación do 8M. O obxectivo é reivindicar, a través das diferentes trabas que se poñen na proba, todos os atrancos aos que as mulleres se ven sometidas no día a día. Ditos obstáculos pódense completar de maneira individual ou con axuda de calquera persoa. As inscricións pódense facer de balde premendo nesta ligazón ou de maneira presencial (nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello no Milladoiro ou en Bertamiráns).

“Moitos camiños, mesma meta” é un evento deportivo no que as persoas participantes deberán enfrontarse a doce obstáculos distintos ao longo de 1.500 metros, que se poden recorrer correndo ou andando. Non se trata dunha cita competitiva, senón dunha proba feminista que busca reivindicar as dificultades ás que se enfrontan todas as mulleres no seu día a día. Cada un dos atrancos simbolizará un reto distinto. Este é o terceiro ano que se celebra a carreira, que logrou gran éxito nas anteriores eleccións.

O recorrido poderase realizar de maneira individual ou con compañía, co fin de pasar un anaco lúdico. Ademais, búscase fomentar a participación do público familiar e propiciar o debate social sobre aspectos como a conciliación ou a corresponsabilidade. No evento estará tamén presente a Plataforma Feminista de Ames, que preparará unha actividade musical para os e as participantes da carreira. Ademais, as súas representantes acudirán caracterizadas como algunhas das mulleres máis relevantes ao longo da historia.