Solapas principales

>Campionato Escolar Provincial de taekwondo

Sábado, 25 abril, 2026
Ás 9.30 horas

O club de Taekwondo TKDenodo organiza, coa colaboración do Concello de Ames e por delegación da Federación Galega de Taekwondo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o campionato provincial en idade escolar das modalidades exhibición, técnica e freestyle de taekwondo. 

O torneo terá lugar o sábado, 25 de abril, no polideportivo do Milladoiro a partir das 9.30 horas. Participan rapaces e rapazas de 6 a 16 anos do programa Xogade. Esta proba clasificará para o campionato galego, que terá lugar o vindeiro sábado, 9 de maio, na Coruña.

Dende  o club de Taekwondo TKDenodo animan a todos e todas a que acudan a desfrutar e achegarse a esta práctica deportiva. O taekwondo é un deporte no que os movementos de perna teñen unha gran importancia, cunha depurada técnica na que destacan a rapidez y precisión. Foi declarado deporte olímpico na sesión 103 do Comité Olímpico Internacional celebrada en París en 1994, e fixo o seu debut como tal nos JJOO de Sidney 2000.