- Tipo
- Tematica
A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.
O Ames Cultural 2026 tamén terá oco para as estreas. Así, a coñecida compañía Ibuprofeno Teatro presentará na Casa da Cultura do Milladoiro o seu novo traballo “Bio Construción” os días 27 e 28 de febreiro, ás 20.30 horas. Unha peza que invita a reflexionar sobre o fracaso, a inxustiza do sistema inmobiliario, a crise climática ou o amor.





