Solapas principales

>Bibliotecas: obradoiro de creación de cómic

Sábado, 16 marzo, 2024
Ás 11:30 horas

O calendario do Libro e da Lectura 2024 marca o 17 de marzo como o Día do Cómic, que se conmemorou por primeira vez en 2022. Celébrase neste día porque foi nesta data cando se publicou o primeiro exemplar da mítica revista TBO, que dou nome ao fenómeno da lectura en viñetas en España. As bibliotecas municipais súmanse a esta celebración organizando un obradoiro de creación de cómic para nenos e nenas a partir de 3º de primaria. A segunda sesión será o sábado 16 de marzo, ás 11:30 horas, na biblioteca de Bertamiráns.

A rapazada poderá inscribirse entre o 4 e o 13 de marzo escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou no teléfono 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns).