Solapas principales

> Audicións da EMMA: saxo e piano

Martes, 14 febrero, 2023
A partir das 18:00 horas

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. O martes 14 actuarán os alumnos e alumnas de saxo (a partir das 18:00 horas e na aula 10) e os de piano (a partir das 19:00 horas, na aula 7).