Solapas principales

>Audicións abertas da EMMA

Lunes, 16 junio, 2025
Ás 18.30 horas

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 11 ao 19 de xuño, cinco audicións abertas ao público. Os estudantes de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta amosarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

A Escola Municipal de Música encara o final de curso cunha serie de actuacións que se desenvolverán entre o 11 e o 19 de xuño, uns días antes do peche do período lectivo. Os profesores encargados do desenvolvemento destas actuacións son Antonio Bravo, Amaury Quintero, Sergio Piñeiro, Pilar Martínez, Noelia Ramos e Eva Millares.

As audicións terán lugar na aula 10 da Escola Municipal de Música de Ames, situada en Aldea Nova, sempre en horario de tarde e non antes das 17:30 horas. Os alumnos e alumnas interpretarán diversas pezas de diferentes estilos musicais antes as súas familias, compañeiros e amizades. Tamén poderán asistir a estas audicións aquelas persoas que queiran coñecer o funcionamento da escola e ver o traballo que alí se realiza; así como quen estea pendente da apertura do prazo de inscrición para novo alumnado.

O alumnado de guitarra será o encargado de arrincar as audicións, o mércores 11 de xuño, ás 17:30 horas. A semana seguinte, o luns 16 de xuño, terán lugar as actuacións de percusión, ás 18:30 horas.

O martes, día 17, ás 18:00 horas, será a quenda do alumnado de saxo e, ás 19.00 horas desa mesma xornada, tamén actuará o alumnado de piano. O xoves 19 de xuño, ás 18.00 horas, terá lugar a derradeira das audicións, coas actuacións do alumnado de canto e frauta.