Solapas principales

>Apego: A landra viaxeira

Sábado, 13 junio, 2026
Ás 18.00 horas

O programa Apego rematará o seu programa de actividades do primeiro semestre de 2026 co concerto “A Landra viaxeira e o amigo Lambón” do grupo Os Jalochos, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro, o sábado 13 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o venres 11 de xuño, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2026 pode consultarse premendo nesta ligazón

O pazo de inscrición para o concerto “A landra viaxeira e o amigo lambón” do grupo musical Os Jalochos xa está aberto. Dende este xoves, 4 de xuño, e ata o vindeiro venres 11, as persoas interesadas poderán inscribirse nesta última actividade do primeiro semestre, que estará chea de música e baile e na que se contará a historia de Landra e o seu amigo Lambón na súa viaxe por Galicia nunha folla de Carballo. Neste espectáculo os cativos e cativas poderán cantar e bailar sen acougo, aprender lingua de signos e xogar co ritmo da música. 

Para participar só se precisa enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade dos/as nenos/as que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro venres 11 de xuño. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscrición.