- Tipo
- Tematica
O programa Apego continúa a súa programación habitual para as crianzas amesás durante os últimos meses do ano. Desta volta, organízase a actividade familiar, Cambio e Conto, de Raquel Queizás. Trátase dunha proposta chea de contos, lendas, adaptacións literarias e historias propias, coa participación activa do público. Esta actividade, que é de balde, para familias con crianzas de 1 a 4 anos, celebrarase o venres 16 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, xoves 8 de outubro, ata o vindeiro día 15 de outubro.
O proxecto Apego continúa coa programación prevista para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Nesta ocasión, organízase a actividade Cambio e Conto, de Raquel Queizás, unha proposta chea de contos, lendas, adaptacións literarias e historias propias, coa participación activa do público.
Cambio e Conto está protagonizado por Nano, que é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. A través de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, xogando, aprendemos na nosa lingua a coñecer o mundo que nos rodea. E así divertíndonos ensínaselle aos máis cativos a presumir de lingua propia.
A actividade, de balde, para familias con crianzas de 1 a 4 anos, será o venres, 16 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.
O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, día 8, ata o vindeiro xoves 15 de outubro e, para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.





