Solapas principales

>Programa Apego: espectáculo Aielé

Viernes, 8 mayo, 2026
Ás 18.00 horas

A programación con Apego volve cunha nova actividade. O venres 8 de maio o grupo Golfiños trae a Ames o seu espectáculo “AIELÉ. De colo en colo, de canción en canción”, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Este é un concerto participativo con cancións orixinais, inspiradas na tradición oral para crear un espazo cheo de xogo, música e emoción. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o xoves 7 de maio. Para poder participar, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos persoais a normalizacion@concellodeames.gal. A entrada é de balde. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O programa Apego regresa cunha nova actividade para as crianzas amesás e as súas familias. Desta volta a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá, o día 8 de maio, o concerto de Golfiños “AIELÉ. De colo en colo, de canción en canción”, a partir das 18.00 horas. Esta actividade, con entrada de balde, está dirixida a familias con crianzas a partir dos dous anos de idade. 

Este é un concerto participativo con cancións orixinais inspiradas na tradición oral, co obxectivo de crear un espazo de xogo, música e emoción. Unha viaxe musical chea de pequenas emocións, onde pequenos e maiores cantan, bailan e levan para as súas casas novas e vellas melodías coas que seguir gozando en familia. 

O prazo de inscrición xa está aberto dende hoxe, 30 de abril, e rematará o vindeiro xoves 7 de maio. Para poder participar nesta actividade, as persoas interesadas deberán enviar un correo ao enderezo a normalizacion@concellodeames.gal  no que indiquen nome e apelidos das persoas que participarán, idade dos nenos e nenas, e un teléfono de contacto. As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de solicitude.