Solapas principales

> Andainas saudables: primeira etapa do "Xiro Grande dos Montes de Compostela"

Sábado, 5 noviembre, 2022
A partir das 9:45 horas

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza a primeira etapa do “Xiro Grande dos Montes de Compostela”. A ruta realízase este sábado, 5 de novembro. Percorreranse 13 quilómetros, partindo dende Santa Lucía ata chegar á Lavacolla. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario ou enviando un correo ao enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves 3 de novembro, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses con saída dende a Praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:45 horas, e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 10:00 horas.

Esta primeira etapa da Xira comeza nas inmediacións da capela de Santa Lucía. Dende ese punto sóbese ata Marrociños por un camiño rodeado de cultivos, chegando ata o viaduto do AVE, e continúase durante varios quilómetros polos montes de Godos e Aríns, subindo ao alto de Zaramacedo.

O descenso alterna bosques e pradeiras ata chegar a aldea de Vilamaior, por onde pasa o Camiño Francés, e no último tramo chégase á Lavacolla. A etapa finaliza na igrexa de San Paio de Sabugueira. En total percórrense 13 quilómetros durante unhas 4 horas e media.