Solapas principales

>Ames Jazz 2020

Sábado, 4 julio, 2020
A partir das 21.00 horas

O Ames Jazz 2020  dará comezo ás 21.00 horas na Praza do Concello, onde empezará un pasarrúas do grupo Bregadiers.

Despois dunha pequena actuación na Praza do Concello, será as 21.15 horas, aproximadamente, cando dará comezo o pasarrúas ata a Praza da Maía. Nesta, tamén se realizará outra pequena actuación, que dará comezo arredor das 21.25 horas, e xa ás 21.45 horas aproximadamente, e cando dará comezo o pasarrúas ata o Pazo da Peregrina, onde se realizará outra pequena actuación que comezará arredor das 22.00 horas.

Posteriormente, tamén no Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, dará un concerto o músico Manuel Gutierrez co seu trío.

Os Bregadiers son experimentados músicos galegos nunha formación que leva ás rúas músicas doutras latitudes, nunca antes escoitadas en vilas e cidades galegas. Inspirados nas brass bands, fanfarrias ou bandas gypsy, Os Bregadiers son os herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Pola súa banda Manuel Gutierrez, conta cunha carreira profesional que abarca dende o rock, o folk, world music, blues, jazz ou as gravacións como músico de sesión ou composición de música para teatro ou documentais. Na actualidade, Manuel  traballa fundamentalmente cos seus proxectos persoais (o trío e un proxecto de piano solo), con Sumrrá, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola De Música.

O aforo no Pazo da Peregrina limitarase a 100 persoas, e no caso de choiva, o evento trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.