Solapas principales

> Ames en Festas: Marifaltri e Furia Joven

Martes, 9 agosto, 2022

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

Os seis días de festas da Madalena no Milladoiro rematarán o martes 9 de agosto, coa actuación da orquestra Furia Joven na travesía do Porto, ás 22:00 horas, que organiza o Concello de Ames.

No propio día comezan as actividades e propostas en Bertamiráns, coa actuación para o público infantil e familiar de Marifaltri no parque do Ameneiral, ás 19:30 horas, como parte da programación da Concellaría de Promoción Económica “AmesON de verán”.