Solapas principales

> Ames en Festas: Argalleiros, Canta con Ames, Xacobeo e Fabrik

Sábado, 6 agosto, 2022

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

O sábado 6 arrincará no Milladoiro cun pasarrúas a cargo de Argalleiros, con vermú nos establecementos Cisne Café, ás 12:45 horas; La Trastienda del 7, ás 13:00, e na cafetería da Casa da Cultura, ás 14:15 horas. Pola tarde, ás 18:30 horas, a praza Manuel Murguía acollerá a semifinal do concurso Canta con Ames, organizado pola Concellaría de Promoción Económica. Para pechar o sábado con verbena, a comisión de festas do Milladoiro ofrece as actuacións da orquestra Xacobeo e da disco móbil Fabrik, na travesía do Porto a partir das 22:00 horas.