Solapas principales

>Adornos para a árbore. Calcetíns de Nadal

Domingo, 22 diciembre, 2019
Das 11.30 ás 13.30 horas en Bertamiráns e das 17.30 ás 19.00 horas no Milladoiro

O obradoiro levarase a cabo na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns de 11.30 a 13.30 horas, mentres que no Milladoiro se desenvolverá das 17.30 ás 19.00 horas na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro.

A actividade está destinada a nenos de entre 5 a 12 anos. As prazas son limitadas polos que se necesita inscrición enviando un enderezo a auladanatureza@concellodeames.gal, a cal estará dispoñible ata o 18 de decembro.

Para máis información pódese enviar un correo a auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 660 004 665.