Solapas principales

>Actividades de conciliación e de animación de rúa en Bertamiráns e no Milladoiro

De Viernes, 3 Julio, 2020 hasta Sábado, 4 Julio, 2020
A partir das 11:00

Co obxectivo de dinamizar o Comercio Local, a concellaría de Comercio organiza para o venres 3 de xullo e o sábado, 4 obradoiros de conciliación e actividades de animación de rúa.

A Casa de Cultura do Milladoiro acolle o venres, 3 de xullo, entre as 11:00 e as 14:00 horas un Obradoiro de Bolas e de decoración de bandeirolas no que poderán participar nenos e nenas de 6 a 12 anos.

A mesma actividade, no mesmo horario e para o mesmo público, desenvolverase o sábado 4 de xullo na Casa de Cultura de Bertamiráns.

A rapazada poderá participar destes xogos entre unha e tres horas. Disponse de 14 prazas que se organizarán en dous grupos. Dada a limitación de prazas, as familias terán que preguntar ao chegar por se xa estivesen cubertas.

Por outra banda, o sábado 4 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 na praza de Manuel Murguía do Milladoiro e de 17:00 a 19:00 no parque de Chavián en Bertamiráns, a rapazada de entre seis e dezaseis anos poderá gozar de coches a pedais e bicicletas.

Ademais, entre as 17:00 e as 18:00 horas, o grupo "A Percudería", animará coa súa batucada o mercado de Bertamiráns.