Solapas principales

>Actividade #Luxo no lixo

De Jueves, 15 Febrero, 2024 hasta Jueves, 29 Febrero, 2024

#Luxo no lixo é unha intervención urbana ao aire libre utilizando como soporte as papeleiras e colectores do lixo dalgunhas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, do rural e dos centros educativos. Colocaranse 500 vinilos coa silueta de Rosalía neste colectores, cunha escolma dos seus versos. Estes vinios estarán visibles entre o 15 e o 29 de febreiro.

Cada centro educativo amesán (a excepción das escolas infantís) recibirá entre 25 e 50 vinilos. O obxectivo desta iniciativa é dobre: xerar impacto sobre a figura de Rosalía de Castro, e poñer en valor o coidado do medio a través da visibilización das papeleiras instaladas nas rúas e prazas do concello.