Solapas principales

>Abril de Cine: "Verano 1993"

Jueves, 4 abril, 2024
Ás 20:00 horas

Dentro do ciclo Abril de Cine, o xoves 4 de abril proxéctase a película Verano 1993, dirixida por Carla Simón e galardoada con 3 premios Goya (mellor dirección novel, mellor actriz revelación e mellor interpretación masculina). Nela nárrase a historia de Frida, unha nena de seis anos que afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva trala morte da súa nai. Durante a proxección do filme os espectadores estarán acompañados pola actriz Ledicia Sola. A proxección será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas.