Agenda

Por ejemplo, 16-06-2024
Sábado, 25 de mayo de 2024

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e á veciñanza a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás persoas que pertencen a esta entidade tamén está aberta todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar.

A cita é o sábado, 25 de maio, ás 14.00 horas, no local de Trasmonte. Haberá sesión vermú con cantina desde as 13:00 horas e moita música. Para participar nesta xornada, haberá que mercar entrada entre o 6 e o 19 de maio.  O prezo das entradas é de 17 euros para menores de once anos, e de 35 euros para os adultos

Ás 17:00 horas haberá unha foliada na que actuará a escola de Os Castros, e a partir das 18:00 horas será foliada libre, na que poderán todos os grupos que o desexen, así como calquera persoa que saiba tocar un instrumento tradicional ou queira animarse a bailar

Sábado, 25 de mayo de 2024

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.

Sábado, 25 de mayo de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza a V Festa do Apego, que terá lugar o sábado, 25 de maio, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Haberá maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. A entrada será libre e de balde.  Premendo nesta ligazón pódese acceder á programación completa do evento.

Sábado, 25 de mayo de 2024

A través do programa Trouleando, a Concellaría de Xuventude de Ames organiza unha xornada de surf para a mocidade do concello. Será o sábado 25 de maio, en Razo (Carballo) e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 6 e o 13 de maio (ambos incluídos). Ofértanse 40 prazas, que se asignarán por orde de chegada.

Sábado, 25 de mayo de 2024

Para o mes de maio o Concello de Ames organiza un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos. A terceira sesión é o sábado 25 de maio, ás 21:00 horas, coa actuación de Paula Carballeira e Cristóbal Álvarez na Casa da Cultura do Milladoiro. A entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica.