Agenda

Por ejemplo, 24-06-2025
Sábado, 24 de mayo de 2025

O CEIP de Barouta, a Comisión de Familias de 6º de Educación Primaria e a AFA Barouta, organizan para o sábado, 24 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto a todo o público interesado, unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá charlas, xogos populares, obradoiros, inchables un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Primaria.

Sábado, 24 de mayo de 2025

Tras a boa acollida da súa primeira edición, á que asistiron 853 persoas, o Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza o II Ciclo de Monólogos, unha iniciativa que mestura figuras consolidadas no noso país dentro do ámbito humorístico xunto con artistas emerxentes.

Sábado, 24 de mayo de 2025

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A fin de semana do 23 ao 25 de maio estará dedicada aos espantallos, coa fin de recuperar a paisaxe e tradición no rural. Deste xeito, na xornada do venres o Pazo da Peregrina acollerá unha exposición na que se poderán observar diferentes pinturas e fotografías de espantallos realizada pola asociación a Cañada do Arte. Continuando con esta temática, o sábado terá lugar un obradoiro colaborativo para a creación dos nosos propios espantallos. Finalmente, na xornada do domingo, haberá unha exposición con todas as obras realizadas.

Sábado, 24 de mayo de 2025

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.