Agenda

Por ejemplo, 21-04-2021
Miércoles, 24 de marzo de 2021

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o mércores, 24 de marzo, ás 19.00 horas, un debate sobre “As artes escénicas despois da Covid-19 e incidencia do Xacobeo na súa reactivación”. No encontro participarán as compañías Teatro do Noroeste e Teatro do Atlántico, a empresa de produción audiovisual Chiripa producións, a compañía de danza Druída e a de títeres Cachirulo. O acto será aberto ao público e de balde, pero  retransmitirase por streaming para quen queira participar en liña.

Miércoles, 24 de marzo de 2021

Hoxe, 24 de marzo, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo un recitado de poesía.  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca.

De Martes, 23 de Marzo de 2021 hasta Lunes, 29 de Marzo de 2021

Este martes, 23 de marzo, ás 12.00 horas, inaugurarase a exposición "Don Gaiferos polos camiños cara Compostela" na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha actividade organizada pola compañía compostelá Os monicreques de Kukas. Estará aberta para todos os públicos nun horario de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 22:00 horas.