Agenda

Por ejemplo, 28-11-2021
Viernes, 22 de octubre de 2021

O XVI Festival Internacional de Maxia de Ames estréase o venres 22 de outubro ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns con Sarapín e o seu espectáculo "ZAS-CATA-PLAS".

Sarapín ten un obxectivo claro, demostrar que a risa e a ilusión non entenden de idades. Será o encargado da Gala Infantil co seu novo espectáculo “ZAS-CATA-PLAS”. Un personaxe que dende o primeiro momento cautivará aos máis pequenos.

Viernes, 22 de octubre de 2021

O XVI Festival Internacional de Maxia de Ames estréase cunha dobre sesión o venres 22 de outubro. Ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns chega a quenda de Dani DaOrtiz e o seu espectáculo "100% DaOrtiz".

DaOrtiz é sen dúbida un dos mellores cartomagos do mundo enteiro. As súas aportacións á maxia de preto son recoñecidas por magos e magas de todas as partes do planeta. “100% DaOrtiz” é o seu espectáculo máis completo, unha oportunidade única de desfrutar de auténticos milagres.