Agenda

Por ejemplo, 28-11-2021
Jueves, 21 de octubre de 2021

Os “Encontros Literarios en Ames” retoman a súa andaina coa presentación do libro de Salvador Lladó “A bolsa ou a vida, o 99% contra a emerxencia climática”, que terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os encontros, que terán lugar cada dous xoves, enmárcanse no Programa de Animación á Lectura da Biblioteca Municipal de Ames, dirixido a público adulto. A entrada é libre e gratuíta até completar aforo. A presentación de Salvador Lladó será telemática. O autor estará en Catalunya, namentres que no pazo da Peregrina estará o profesor Manuel Casal, veciño de Ames e prologuista da obra; Patricia Buxán, tradutora e editora de Catro Ventos; a concelleira de Cultura, Natividade González e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens.

Jueves, 21 de octubre de 2021

A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros. O 21 de outubro terá lugar un segundo obradoiro tamén impartido pola matrona do Centro de Saúde do Milladoiro no antigo Centro de Saúde do Milladoiro ás 19:00 horas. Podes inscribirte enviando un mail a promociondasaude@concellodeames.gal ou no teléfono 649 450 264.

De Martes, 19 de Octubre de 2021 hasta Jueves, 21 de Octubre de 2021

O contacontos leva por título "Monstros, lobos e outros" e está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.
Desenvolverase os días 19, 20 e 21 de outubro na biblioteca de Bertamiráns ás 17:30 horas.

As inscricións están abertas desde o 11 ao 16 de outubro.

Pódese tramitar a inscrición nos teléfonos 981 53 08 07 e 981 88 48 29 ou a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.