Agenda

Por ejemplo, 09-06-2024
Sábado, 15 de junio de 2024

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola sétima etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 15 de xuño. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde a igrexa de Santa María de Leiro, en Rianxo, e chegando ata o Lugar de Tallós, en Dodro. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 12. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

Martes, 18 de junio de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 10 ao 18 de xuño, cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso. Os estudantes de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

Martes, 18 de junio de 2024

O martes día 18, o alumnado máis novo da escola trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 17:30 horas será a quenda do grupo infantil, con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que abrirá a representación con “Contemos un conto”. O segundo grupo infantil, no que participa rapazada de entre 7 e 11 anos, interpretará “O bosque dos mil perdidos” ás 20:00 horas. Pechará a xornada o grupo xuvenil de maiores de 12 anos, con “Mórdeme”, ás 20:30 horas.

Miércoles, 19 de junio de 2024

O mércores 19, o alumnado máis novo da Escola Municipal de Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 a 6 anos, que novamente representará “Contemos un conto”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos coa obra “O reino do derroche”, ás 20:00 horas. Xa ás 20:30 horas será a quenda do grupo xuvenil de maiores de 12 anos, que pechará a mostra coa representación de “Criaturiñas”.

Jueves, 20 de junio de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Jueves, 20 de junio de 2024

O xoves, 20 de xuño, remata o curso lectivo 2023/2024 na Escola Municipal de Música de Ames. Como soe ser tradicional, para pechar o curso realízase un concerto, que se desenvolverá ás 19.30 horas no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Participará alumnado repartido en diferentes agrupacións, onde poderán despregar todo o seu talento e demostrar así todo o aprendido durante o curso. Escoitarase un repertorio musical moi variado, que inclúe pezas de estilo tradicional, clásico e moderno.

Viernes, 21 de junio de 2024

O venres 21 de xuño, ás 18:00 horas, Alouette Machine levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Fotografando as herbas de San Xoán". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro no que se realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e a auga. Ademais servirán para ir aprendendo a recoñecer as herbas de san Xoán ao tempo que se pon en valor a lingua e o patrimonio cultural e ambiental.

Jueves, 27 de junio de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 28 de junio de 2024

O venres 28 de xuño, ás 18:00 horas, Pakolas levará á Casa da Cultura do Milladoiro o concerto "Rockeando coas máis molonas de Pakolas". Dirixido a público familiar, trátase dun concerto de humos no que aprender, cantar e gozar a ritmo roqueiro coas pezas máis molonas dos tres discos de Pakolas.

Sábado, 29 de junio de 2024

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música de Ames, organiza unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro, veciño do Milladoiro, que xa conta con numerosas distincións e premios. En 2022 recibiu unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internacional Violin Competition, na categoría de menores de 21 anos. O concerto será ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.