Agenda

Por ejemplo, 30-06-2024
Jueves, 30 de mayo de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 31 de mayo de 2024

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o 31 de maio, de 19:30 a 21:30 horas, a charla informativa para persoas migrantes “Formación sobre estranxeiría 2024. Actualización das principais vías de regularización”. Esta actividade está financiada por Consellería de Política Social e Xuventude e Médicos do Mundo. Ademais, colaboran a Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI) e mailo Concello de Ames. Para participar, cómpre inscribirse chamando ao número de teléfono 981 53 59 41.

Esta charla permitiralle ás persoas migrantes coñecer as diferentes e actuais oportunidades de regularizar a súa situación en España.  Tamén lles permitirá coñecer os diferentes accesos ao sistema sanitario español.

Viernes, 31 de mayo de 2024

O Concello de Ames colabora con Cruz Roja Santiago e maila empresa Os Biosbardos Animación na organización da actividade “Os xogos do mundo solidarios”, que se vai a realizar o 31 de maio, de 17.00 a 20.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Trátase de que os nenos e nenas que así o desexen, xunto coas súas familias, participen en diferentes xogos tradicionais populares. Cada familia deberá aboar 6 euros en concepto de inscrición. A cambio entregaráselle a cada familia un boleto para o sorteo del oro de Cruz Roja. Os fondos recadados irán en beneficio de Cruz Roja en Santiago.

Viernes, 31 de mayo de 2024

O venres 31 de maio, ás 18:00 horas, Migallas Teatro levará á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "A nena e os tres osos". Dirixido a nenos a partir de 2 anos, é unha divertida e coidada proposta teatral con monicreques e cancións baseada nun conto clásico da literatura infantil. Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns poden ser... unha familia de osos.

Sábado, 01 de junio de 2024

O sábado 1 de xuño vaise desenvolver unha nova camiñada teatralizada, a cargo dos Quinquilláns, polas Fragas do Tambre. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, arranca na aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e por preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. O percorrido ten unha distancia de 4 quilómetros e ao remate serviranse uns petiscos saudables. Para participar é preciso inscribirse. Para iso hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas.

Sábado, 01 de junio de 2024

O Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, e o Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro, organizan o  1 de xuño a décimo terceira edición do Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais do Concello de Ames. O evento desenvolverase en horario de mañá no pavillón municipal de Bertamiráns. O programa inclúe exhibicións dos clubs de patinaxe amesáns, que realizarán distintas coreografías.

Sábado, 01 de junio de 2024

O curso 2023-2024 das escolas deportivas municipais chega ao seu fin. Como cada ano, celebrarase un evento de clausura no que os rapaces e rapazas poderán amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto terá lugar o sábado 1 de xuño, a partir das 16:30 horas, na área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo, que estará aberto a todas as persoas que desexen asistir. A xornada está organizada polo departamento de Deportes de Ames, en colaboración con ServiPlus.

Jueves, 06 de junio de 2024

O xoves 6 de xuño, ás 18:00 horas, a Fundación Aldaba, en colaboración coas asociacións Cultural, Veciñal e Agraria, ofrecerá unha charla informativa sobre acollemento familiar de menores no local da agraria de Bugallido (antiga escola unitaria). A entrada será libre ata completar o aforo.

Jueves, 06 de junio de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 07 de junio de 2024

O venres 7 de xuño, ás 18:00 horas, Montse Rivera e Mercedes Prieto organizan no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Foliada con Apego". Dirixido a público familiar, será un encontro cheo de lingua, cantos, música e baile de noso para compartir, cantar, bailar, aprender e pasalo xenial.