Agenda

Por ejemplo, 21-09-2024
Viernes, 04 de octubre de 2024

O venres 4 de outubro, ás 18:00 horas,  Peter Punk chegará á Casa da Cultura de Bertamiráns con "Con lingua propia". Dirixido a público familiar, trátase dun espectáculo de circo, malabares e xogos no que os artista xoga en escena co público, coas palabras e cos aparellos que vai sacando da súa maleta.

Sábado, 05 de octubre de 2024

A biblioteca de Bertamiráns acolle o sábado, 5 de outubro, ás 11:30 horas, un “Obradoiro de cómic”, da man de Santy Gutiérrez. Esta actividade estaba prevista para o sábado, 28 de setembro, pero por motivos alleos ao Concello de Ames houbo que adiala ao sábado 5 de outubro.

De Martes, 08 de Octubre de 2024 hasta Jueves, 10 de Octubre de 2024

Os días 8, 9 e 10 de outubro a biblioteca de Bertamiráns acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 1 e o 5 de outubro chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Jueves, 10 de octubre de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 11 de octubre de 2024

O venres 11 de outubro, ás 18:00 horas, Migallas Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro con "Cantaxoga". María Campos e Carlos Yus, acompañados por unha banda de pulgas, traen un espectáculo de música e teatro no que interpretan as cancións máis populares do grupo Migallas para bailarmos, cantarmos e rirmos a ritmo de rock, cumbia, rap, fusión étnica, etc. O espectáculo está dirixido a público familiar.

Sábado, 12 de octubre de 2024

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. A saída e chegada de cada proba farase preto dese punto, o cal estará debidamente sinalizado. Para dispor de máis información e tramitar a inscrición preme nesta ligazón.

De Martes, 15 de Octubre de 2024 hasta Jueves, 17 de Octubre de 2024

Os días 15, 16 e 17 de outubro a biblioteca do Milladoiro acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 7 e o 11 de outubro chamando ao teléfono 981 530 807, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Jueves, 17 de octubre de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 18 de octubre de 2024

O venres 18 de outubro, ás 18:00 horas, Bolboreta (Lidia Botana) e Fabaloba chegará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns con "U-lo mar?". Dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos, trátase duha proposta que une narración oral, cancións e ilustraciósn amosadas a través dun kamishibai co obxectivo de contribuír á difusión de recursos lúdicos e educativos para enriquecer a crianza.

Domingo, 20 de octubre de 2024

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.