Agenda

Por ejemplo, 16-06-2024
Jueves, 16 de mayo de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

De Sábado, 18 de Mayo de 2024 hasta Domingo, 19 de Mayo de 2024

O sábado, 18 de maio, darán inicio as festas do San Isidro de Bugallido, organizadas pola Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, o Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria, en colaboración co Concello de Ames e coa Deputación da Coruña. A celebración iniciarase co concerto de Treixadura, ás 20:30 horas. Esta actuación está subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Posteriormente, ás 22:30 horas haberá unha foliada aberta para que calquera que o desexa poida cantar e bailar.

O domingo, día 19, terá lugar a misa solemne na honra a San Isidro, ás 12:30 horas, na que actuará a Coral Polifónica de Bugallido. A continuación, dará comezo a sesión vermouth, na que participarán novamente as escolas de baile e música tradicional de Bugallido.  Xa pola tarde, actuarán os Viqueiras de Ordes e, a partir das 18:30 horas, Faíscas da Pontraga e Tanto nos Ten.  Ademais da ambientación musical, o domingo haberá servizo de cantina e polbeiro, e os asistentes poderán gozar de racións de empanada e de callos a prezos populares. Por último, instalaranse diversos postos artesanais, e os máis cativos poderán gozar de animación infantil.

Miércoles, 22 de mayo de 2024

O mércores 22 de maio, Marga Cancela presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "O clamor das Virxe", de Medulia Editorial.

Desde a ficción do realismo máxico, a autora recrea a historia dunha das súas tías, Manola Negreira quen, entre 1939 e 1958, deu voz e visibilidade a un grupo de mulleres de aldea que, como ela, sufriron abusos a mans dos caciques da Galicia máis poderosa.

O resultado é unha novela sobre un grupo de mulleres que, sen sabelo, foron feministas e que, unha vez superados o medo e a vergoña, loitaron polos seus dereitos.

Jueves, 23 de mayo de 2024

Para o mes de maio o Concello de Ames organiza un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos. A primeira sesión é o xoves 23 de maio, ás 21:00 horas, coa actuación de Quico Cadaval e Antía Costas na Casa da Cultura do Milladoiro. A entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica

Jueves, 23 de mayo de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 24 de mayo de 2024

Para o mes de maio o Concello de Ames organiza un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos. A segunda sesión é o venres 24 de maio, ás 21:00 horas, coa actuación de Pepo Suevos e Adrián do Regenco na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica.

Sábado, 25 de mayo de 2024

A través do programa Trouleando, a Concellaría de Xuventude de Ames organiza unha xornada de surf para a mocidade do concello. Será o sábado 25 de maio, en Razo (Carballo) e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 6 e o 13 de maio (ambos incluídos). Ofértanse 40 prazas, que se asignarán por orde de chegada.

Sábado, 25 de mayo de 2024

Para o mes de maio o Concello de Ames organiza un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos. A terceira sesión é o sábado 25 de maio, ás 21:00 horas, coa actuación de Paula Carballeira e Cristóbal Álvarez na Casa da Cultura do Milladoiro. A entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica.

Sábado, 25 de mayo de 2024

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e á veciñanza a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás persoas que pertencen a esta entidade tamén está aberta todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar.

A cita é o sábado, 25 de maio, ás 14.00 horas, no local de Trasmonte. Haberá sesión vermú con cantina desde as 13:00 horas e moita música. Para participar nesta xornada, haberá que mercar entrada entre o 6 e o 19 de maio.  O prezo das entradas é de 17 euros para menores de once anos, e de 35 euros para os adultos

Ás 17:00 horas haberá unha foliada na que actuará a escola de Os Castros, e a partir das 18:00 horas será foliada libre, na que poderán todos os grupos que o desexen, así como calquera persoa que saiba tocar un instrumento tradicional ou queira animarse a bailar

Sábado, 25 de mayo de 2024

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.