Avisos
Viernes, 5 julio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 3 julio, 2024
Ata o 15 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que este ano se desenvolverá os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil e primaria (non poderán participar os nenos/as que vaian cursar 4º de infantil no curso 2024/2025 nin os nenos/as que para o curso 2024/2025 vaian a cursar a ESO). As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Lunes, 1 julio, 2024
Dende o día 1 ata o 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa pode renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría, enviando o impreso de solicitude de renovación cumprimentado e asinando ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata 3 horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as.
Cortes programados no subministro de rede eléctrica o día 3 de xullo nas aldeas de Casanova e Raíces
Lunes, 1 julio, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o 3 de en varias aldeasdo concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Viernes, 28 junio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 25 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas definitivas de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2024.
Viernes, 21 junio, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 21 junio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 21 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de preinscricións admitidas e excluídas nos servizos de Bos Días Cole, comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. As solicitudes admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2024. Ao pé deste aviso adxúntanse as listaxes de prescricións admitidas e excluídas nos servizos Bos Días Cole (todos os centros), Tardes Divertidas (todos os centros) e comedor (todos os centros, excento o CEP de Ventín). No CEP de Ventín non se indica os admitidos/excluídos ata coñecer os espazos dispoñibles para o servizo. No caso das solicitudes pendentes de asignación e das solicitudes para o comedor de Ventín, avisarase individualmente á familia para formalizar a matrícula no caso de ser admitidos
Jueves, 20 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, aclara que en resposta ás consultas recibidas en relación ao criterio de admisión na Escola de Verán, todo/a usurario/a que teña acreditada a necesidade de conciliación e cumpra cos requisitos establecidos terá garantida a súa praza no servizo.
- ‹ anterior
- 69 de 181
- siguiente ›




