Avisos

Por ejemplo, 18-10-2026
Por ejemplo, 18-10-2026
Lunes, 14 octubre, 2024
Con motivo da celebración da XXIII Carreira pedestre popular Concello de Ames, que se vai celebrar este domingo, 20 de outubro de 2024, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
Lunes, 14 octubre, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de publicar o mapa de servizos da XXIII edición da Carreira Pedestre do Concello de Ames. Nel están recollidos os puntos de avituallamento, recollida de dorsais, roupeiro, fisioterapeutas, vestiario e duchas, e entrega de premios. Ademais, indícanse posibles lugares de estacionamento. O mapa pode consultarse no documento ao pé deste aviso.
Viernes, 11 octubre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 11 octubre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 10 octubre, 2024
O Concello de Ames informa da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no obradoiro dual de emprego Renova VI. As solicitudes deberán presentarse do 11 ao 30 de outubro de 2024.
Miércoles, 9 octubre, 2024
O Concello de Ames informa de que debido ao desbordamento do rego da Andoriña, afluente do río Tambre, na contorna da área fluvial de Tapia, está cortada a estrada que vai dende Tapia ata Piñeiro. Recoméndase extremar as precaucións e non empregar dita estrada. Ademais, hai que ter precaución na contorna da Ponte Maceira e da área fluvial de Tapia debido ao incremento de caudal do río Tambre.
Martes, 8 octubre, 2024
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Ademais, impartiranse 4 cursos máis de xeito presencial. Aínda estás a tempo de inscribirte nestas actividades.
Lunes, 7 octubre, 2024
O Servizo de Normalización Lingüística informa de que xa están esgotadas as prazas para participar no espectáculo “Cantaxoga”, do programa Apego. Co aforo xa completo, María Campos e Carlos Yus, do grupo Migallas Teatro, interpretarán as cancións máis populares do grupo para bailarmos, cantarmos e rirmos a ritmo de rock, cumbia, rap, reggae, fusión étnica, pasodobre, rumba. A actividade terá lugar este venres, 11 de outubro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas.
Lunes, 7 octubre, 2024
Ata o vindeiro venres 18 de outubro de 2024, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e os días 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Viernes, 4 octubre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.