Solapas principales

A Xunta adapta o novo protocolo de xestión de casos covid en centros educativos ao contexto das escolas infantís

Martes, 18 enero, 2022
A Concellaría de Educación informa de que a Xunta de Galicia adaptou o novo protocolo de xestión de casos covid en centros educativos fixado a nivel nacional ao contexto específico das escolas infantís. A principal novidade deste documento é que unha aula se illará cando os casos positivos confirmados superen o 20% do total dos nenos e traballadores dun grupo de convivencia estable.

O Goberno central emitiu unha directriz para todas as comunidades autónomas que ten como ámbito de aplicación os centros educativos de 0 a 12 anos. Nela establécese que pechará unha aula cando o número de positivos supere os cinco nenos ou o 20% da aula. A Xunta adaptou esta medida ás escolas infantís, onde as aulas non superan os 8 alumnos nas franxas de 0-1 anos; as 13 prazas na franxa de 1-2 anos e as 20 na franxa de 2-3 anos. Deste xeito, aplicarase sempre como medida o 20% da súa capacidade e non tendo por referencia os cinco nenos.

A Xunta comunicoullo xa a todas as escolas infantís de Galicia, de xeito que poidan comezar a aplicar este novo protocolo. Os centros deberán informar de todos os casos como ata o de agora, pero tan só se pecharán aulas ou centros cando se supere ese nivel fixado a nivel nacional. En calquera dos casos, deberán informar a autoridade sanitaria que será a encargada de decretar o peche da aula ou do centro.

Multimedia