Solapas principales

Xa te podes inscribir no obradoiro de inglés básico para maiores

Miércoles, 5 octubre, 2022
A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado, pon en marcha unha nova edición do obradoiro de inglés básico para maiores “Achégate ao inglés”. As clases comezarán o luns 17 de outubro. Impartiranse os luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas na Casa dos Maiores de Bertamiráns. Podes reservar a túa praza chamando ao número de teléfono 662 377 044 ou acudindo á Casa da Cultura de Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Multimedia