Solapas principales

Volven os Dixicontos organizados polas Bibliotecas municipais

Miércoles, 13 enero, 2021
As animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, continúan cos contacontos infantís. Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade, que se realizará os mnércores, a través da páxina de Facebook da biblioteca.

A programación comeza hoxe, mércores 13 de xaneiro, co conto “Veo veo un caracol”. Os próximos dixicontos serán “O pozo dos desexos”, o 20 de xaneiro, e “O pozo dos desexos”, o 27 de xaneiro. Por último, as animadoras das bibliotecas contarán “Loboferoz” o 3 de febreiro. Para acudir virtualmente a estes "dixicontos" tan só é preciso entrar a través da páxina de Facebook da biblioteca.