Solapas principales

Suspéndese a Feira de artesanía organizada por XEA para os días 10 e 11 de setembro

Martes, 6 septiembre, 2022
A Concellaría de Promoción Económica informa de que se vai suspender a Feira de artesanía, que estaba organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), para os días 10 e 11 de setembro no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Dita feira é suspendida debido a que a predición meteorolóxica apunta que vai chover durante a fin de semana.

Dentro da Feira de artesanía estaba previsto que houbese postos de diferentes artesáns, concertos, actividades, talleres, inchables etc... O concerto do coro Son Elas, incluído dentro do programa “AmesON de verán” adiarase e será incluído dentro da programación do “AmesON de Nadal”. Tamén se suspende a actuación do grupo As Maianas, que neste caso estaba incluído dentro da programación municipal de “Música nas parroquias”.