A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 323/71GAL emitido ás 12:00 horas do 11/11/2025, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por CHOIVAS a partir das 22:00 horas do 11/11/2025 na Coruña (oeste e suroeste). A precipitación acumulada pode acadar os 80 mm en 12 horas.
Así mesmo, no boletín 322/71 emitido a mesma hora actualízanse os avisos por fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO por:
-CHOIVAS: en A CORUÑA (interior, oeste e suroeste) e PONTEVEDRA (Rías Baixas) a partir das 12.00h do día 11/11/2025 e OURENSE (sur) e PONTEVEDRA (interior e Miño) a partir das 00.00h. do día 12/11/2025.
-VENTOS: en A CORUÑA (noroeste, oeste e suroeste), LUGO (montaña e A Mariña), OURENSE (montaña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas). Ventos do sur que poden acadar os 80 km/h. No noroeste, a zona máis afectada será o entorno de Fisterra.
A CORUÑA (interior), LUGO (centro) e PONTEVEDRA (interior), con ventos do sur que poden acadar os 70 km/h. Dende as primeiras horas de hoxe ata o mediodía do día 12/11/2025. PONTEVEDRA (interior e Miño) dende as 00.00h do día 12/11/2025.




