Solapas principales

Suspéndense ata novo aviso os prazos de renovación e preinscrición nos programas Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas

Lunes, 16 marzo, 2020
O departamento de Educación do Concello de Ames informa, de que debido ás circunstancias excepcionais que se están vivindo estes días, suspéndense e interrómpense os programas de preinscrición e renovación nos programas Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas.

Estes programas tiñan aberto o prazo de preinscrición e renovación durante este marzo, pero debido á declaración do estado de alarma, este prazo queda suspendido e interrompido. 

Abrirase un novo prazo de presentación de solicitudes de renovación e preinscrición cando se normalice a situación e perda vixencia a declaración do estado de alarma. Este novo prazo será debidamente notificado a través da web do concello e as súas correspondentes redes sociais. 

Multimedia