Solapas principales

Resultado do sorteo de prazas para a Escola Municipal e Música de Ames

Martes, 27 octubre, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para a Escola Municipal e Música de Ames (EMMA). Unha vez pechado o prazo de preinscrición da EMMA e ao comprobar que houbo menos solicitudes que prazas dispoñibles nas modalidades de Música e Movemento e violín, non houbo que facer sorteo en ditas materias. No resto de especialidades (batería/percusión, guitarra/baixo, canto moderno e piano) houbo que facer sorteo.

Dende a EMMA poranse en contacto con cada unha das persoas que obtiveron praza, para que no prazo máis breve posible confirmen os horarios que elixen entre os que se lle ofrecen. Coas persoas que non obtiveron praza elabórase unha lista de agarda. Ditas persoas serán avisadas no momento que haxa unha praza dispoñible.