- Tematica
Este curso as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, xadrez, tenis, voleibol e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poderán inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe aerozumba; adestramento funcional; ioga; pilates; ximnasia de mantemento; e spinning, abdominais e glúteos.
Para máis información sobre as actividades deportivas pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 e 981 535 940. Outra opción é enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal e deportes.milladoiro@concellodeames.gal.
Método de pagamento (só para as persoas que obtivesen praza no sorteo)
Prazo: do 16 ao 24 de setembro.
Métodos:
-Realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello, (non precisa certificado electrónico), premendo na opción de "Pagar taxas": https://ames.tributoslocales.es/ga/
-Solicitar a folla de autoliquidación nas oficinas de Recadación:
Email: ames@canaltributos.com
Teléfono: 981 88 48 96
Presencial: en Bertamiráns (Praza da Horta de Abaixo, número 6) e no Milladoiro (rúa da Viorneira, número 6).
*Unha vez feita e aboada a autoliquidación no prazo estipulado (do 16 ao 24 de setembro), non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse a través do Rexistro de Entrada ou da Sede electrónica do Concello de Ames. Só se devolverá a parte proporcional da cota aboada naqueles supostos que se consideren baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o/a alumno/a acumula faltas inxustificadas á actividade iguais ou superiores a 5 durante un período dun mes será motivo de baixa automática.





