Solapas principales

Relación de prazas libres para as Escolas Deportivas municipais

Martes, 18 febrero, 2020
A Concellaría de Deportes fai pública a listaxe de prazas libres para apuntarse nas Escolas Deportivas municipais.

Os interesados e interesadas poden formalizar a matrícula de forma presencial nos locais habilitados, Casa da Cultura do Milladoiro e Casa do Concello, en Bertamiráns. Tamén se pode facer de xeito telemático baixando a documentación no apartado de Trámites e Servizos da páxina web municipal e enviando a folla de inscrición cuberta por correo electrónico a oficina do Milladoiro deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou á oficina de Bertamiráns deportes@concellodeames.gal.

Por último, hai que solicitar a autoliquidación nas oficinas de Recadación e realizar o pagamento. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6. Tamén cabe a posibilidade de enviar un correo a ames@canaltributos.com, chamar ao número de teléfono 981 88 48 96, ou facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.