- Tematica
A dita lei establece as obrigas dos propietarios das parcelas incluídas nas faixas secundarias de prevención e defensa contra incendios forestais deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal, en concreto, estas fincas deberán estar libres de maleza e ter realizada a tala das especies arbóreas prohibidas nestas áreas: Piñeiro galego, piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, mimosa negra e eucalipto. Os traballos de acondicionamento das fincas deberán estar feitos a 31 de maio de 2026.
Non realizar os traballos de xestión do combustible vexetal supón sancións importantes para os/as propietarios/as con fincas incluídas nas faixas secundarias de prevención e defensa contra incendios forestais. Se non se realizan ditos traballos, como último recurso procederase á xestión subsidiaria, que supón o comiso da madeira, o pago dos gastos dos traballos e as sancións pertinentes.
Os titulares de fincas que non se atopen limpas, serán responsables tanto civil como penalmente, polos posibles danos que se poidan ocasionar, tanto a persoas ou bens, como consecuencia de incendios forestais nos que a súa orixe sexa a falta de coidado debido das parcelas, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñerde conformidade coa lexislación vixente.
Informáselle que os propietarios de parcelas sitas nas faixas secundarias dos núcleos da parroquia de Ortoño, por ser parroquia priorizada, teñen a posibilidade de asinar un contrato coa Xunta de Galicia, para que esta se encargue da limpeza das mesmas.
Para máis información poden dirixirse a oficina municipal de medio ambiente, na casa do Concello ou a través dos teléfonos 981883002 ou do correo electrónico medioambiente@concellodeames.gal. O que se pon en xeral coñecemento para os efectos oportunos.
Consulta das faixas de protección: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/





