Solapas principales

Recoméndase o uso responsable da auga

Martes, 1 septiembre, 2020
Diante da situación de risco que estamos a vivir e a incerteza sobre a situación climatolóxica, o alcalde de Ames, José Miñones, a través dun Bando Municipal, lembra que “compre facer un uso responsable da auga, minimizando aqueles usos non imprescindibles”.

Recoméndase: Limitar o baldeo e limpeza de rúas; limitar o enchido de piscinas; reducir a frecuencia do lavado de vehículos ou realizalo en instalacións  especificas que están tecnicamente preparadas para xerar un consumo reducido; optimizar o uso do recurso hídrico nas regas e na gandería, especialmente nascabeceiras dos ríos e pequenos regatos; e facer un consumo racional no fogar, evitando o malgasto innecesarios e improdutivo.

José Miñones lembra que “Co seguimento destas pautas, que esixen un esforzo mínimo e non minguan a nosa calidade de vida, entre todos logramos aforros considerables que repercutirán favorablemente na continuidade da subministración municipal de auga potable”.

Multimedia