Solapas principales

Quedan prazas libres para os cursos infantís e xuvenís da Aula AMTIC para o mes de xullo

Viernes, 26 junio, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación, a Aula AMTIC, organizou para o mes de xullo dous cursos para público infantil e xuvenil arredor das artes dixitais. Para poder participar é preciso enviar cuberto o formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poderán facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

O curso de debuxo dixital e animación 2D con PixelArt está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 9 anos. Os luns e os mércores do mes de xullo, entre as 11.00 e as 12.00 horas, os nenos e nenas aprenderán a crear personaxes e darlles vida con pequenas animacións, seguindo a súa formación na plataforma PixelArt e en todas as posibilidades creativas que achega.

Outro curso do mes de xullo está orientado para un público algo maior, en idades entre os 10 e os 15 anos. Esta formación xirará arredor da creación de videoxogos e Game Design, onde as persoas participantes aprenderán a deseñar os seus propios videoxogos e todos os elementos que os compoñen: personaxes, mecánicas, niveis e xogos interactivos. A formación impartirase os martes e xoves do mes de xullo en horario de 11.00 a 12.30 horas.

Estes cursos son gratuítos. Para poder participar, será preciso enviar cuberto este formulario de inscrición ao enderezo de correo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poderán facer inscricións no número de teléfono 698 172 347 en horario de 9.00 a 14.00, os luns, e de 10.00 a 12.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas, os mércores, xoves e venres.

Multimedia