Solapas principales

Quedan prazas dispoñibles para o obradoiro de mecanografía para maiores que imparte a Aula AMTIC

Viernes, 21 octubre, 2022
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) está impartindo a programación correspondente aos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Deste xeito, estanse impartindo 9 cursos de xeito presencial e en liña.

No mes de novembro haberá dous novos cursos que se impartirán de xeito presencial. Do 8 de novembro ao 1 de decembro impartirase o obradoiro de mecanografía para maiores de 18 anos. Será os martes e xoves de 10.00 a 11.30 horas ou de 18.30 a 20.00 horas. Ofértanse 12 prazas. Para este curso aínda quedan prazas dispoñibles.

Ademais, do 7 ao 30 de novembro vaise impartir un curso de iniciación á informática para nenos e nenas a partir dos 7 anos de idade. Realizarase os luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas. Ofrécense tamén 12 prazas para eta actividade. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación da Aula AMTIC para o último trimestre do ano.

Inscricións nos obradoiros
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas (durante o horario de realización dos cursos non haberá Aula Aberta) ou enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940, ou escribir ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Multimedia