Miércoles, 23 septiembre, 2020
- Tematica
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, publicou este mércores, 23 de setembro, a Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, así como os Protocolos de “prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo” e o de “prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios”.
As medidas que se recollen no protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios xa se están a cumprir dende o comezo do curso escolar na Rede Municipal de Comedores Escolares, xestionada directamente polo Concello de Ames. Deste xeito, dende a Concellaría de Educación xa se adaptaron os comedores municipais a esta actualización publicada pola Xunta hoxe mércores 23 de setembro de 2020.