Solapas principales

Programa Ames Emprega e Integra: curso de alfabetización informática

Martes, 13 junio, 2023
O Concello de Ames organiza para esta semana novas actividades do programa Ames Emprega e Integra. Desta volta trátase dun curso de alfabetización informática que se vai desenvolver os días 14 e 16 de xuño, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova. As persoas que estean interesadas pode inscribirse cubrindo o formulario que se pode atopar neste aviso.

Ames Emprega e Integra é un programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

Ao longo desta semana vaise a desenvolver unha nova acción formativa do Ames Emprega e Integra. Trátase dun curso de alfabetización informática que se vai desenvolver os días 14 e 16 de xuño, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova. As persoas que estean interesadas pode inscribirse cubrindo este formulario.

Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 674 59 48 43 ou escribir un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com. Tamén se pode acceder á páxina web https://amesintegraeemprega.es/.

Cal é o obxectivo do programa?
O obxectivo de dita iniciativa é a inserción laboral das persoas participantes ou a mellora da sua empregabilidade. Lévase a cabo mediante a execución dun programa de inserción laboral derivado dun estudio realizado previamente que determinou os colectivos desfavorecidos e as súas demandas específicas de formación, acompañamento e practica laboral.

O programa está dirixido prioritariamente a persoas mozas (menores de 30 anos), con particular atención a aqueles con déficit de formación, mulleres, parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas con responsabilidades familiares non compartidas, persoas con discapacidade, persoas en situación de exclusión social e persoas inmigrantes. Para participar é necesario residir no concello de Ames, ser demandante de emprego e estar nunha situación de busca activa de emprego.

O programa ten como ámbito territorial a totalidade do concello de Ames, priorizando os núcleos poboacionais do Milladoiro e de Bertamiráns como eixos presenciais do programa. As actividades do programa comezaron coa captación de participantes ao longo do mes de maio e desenvolverase ata novembro deste ano.

Multimedia