Solapas principales

Proceso selectivo dunha praza de arquitecto técnico, por oposición libre, incluída na oferta de emprego público de 2022

De Miércoles, 26 Julio, 2023 hasta Miércoles, 23 Agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira, arquitecto/a técnico/a, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 26 de xullo ao 23 de agosto de 2023 (incluído). Hai 20 días hábiles para facer a presentación de solicitudes, a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía aprobará a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as xunto coas causas de exclusión, que se fará pública no BOP, no taboleiro de anuncios e na web municipal.

As bases publicáronse no BOP número 89, do 11 de maio de 2023. Tamén se publicou un extracto do anuncio das bases no DOG número 116, do 20 de xuño de 2023.