Solapas principales

Procedemento de inscrición online nas actividades do programa Amessán para o curso 2026-2027

Miércoles, 16 septiembre, 2026
Esta semana publicouse a programación de actividades de Amessán para o curso 2026-2027. Desde o 5 de outubro impartiranse clases de 9 actividades nas parroquias de Agrón, Augapesada, Ameixenda, Bertamiráns, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Milladoiro, Oca, Piñeiro, Trasmonte e Tarroeira. As inscricións poden facerse en liña (50% das prazas dispoñibles), desde as 9.00 horas do xoves 17 ata as 21.00 horas do venres 18 de setembro a través do formulario que está neste aviso, ou de xeito presencial (o 50% das prazas restantes) o martes 22 e o mércores 23 de setembro no Centro Social do Milladoiro e o xoves 24 venres 25 de setembro na Casa dos Maiores de Bertamiráns.

Chega un novo curso para o programa Amessán que, desta volta, segue mantendo dúas novas propostas do curso anterior: calma e serenidade e canta troula. As parroquias de Agrón, Augapesada, Ameixenda, Bertamiráns, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Milladoiro, Oca, Piñeiro, Trasmonte e Tarroeira acollerán nos seus centros sociais un total de 9 actividades divididas en varios grupos.

As actividades impartidas este curso serán ximnasia, fío e agulla, memoria, bailoterapia, pandeireta, musicoterapia, canta troula, manualidades e calma e serenidade. As sedes serán os centros sociais das parroquias de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Piñeiro, Milladoiro, Bertamiráns, Covas, Tarroeira, Trasmonte, Cruxeiras e Oca.

Amessán é unha iniciativa destinada para as persoas maiores de 60 anos e as persoas cunha enfermidade crónica e/ou inhabilitadora, que conten cun informe dos Servizos Públicos de Saúde (que poidan realizar a actividade de forma independente). 

Inscricións online
As inscricións poderán facerse en liña a través deste formulario. Este formulario abre o xoves 17 de setembro ás 09:00 horas e pecharase o venres 18 ás 21:00 horas

Tamén poden realizarse de xeito presencial no Centro Social do Milladoiro (os días 22 e 23 de setembro); ou na Casa dos Maiores de Bertamiráns (o 24 e 25 de setembro). O horario de atención en ámbalas dúas localizacións será de 16:00 a 20:00 horas. 

Para inscribirse non será preciso acredita o empadroamento cun volante, será comprobado polos propios servizos municipais. Os interesados poden obter máis información a través do correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

As prazas iranse cubrindo por orde de inscrición, e haberá un número mínimo de persoas para crear grupos de cada actividade. Cada persoa poderá anotar a un máximo de 2 participantes (incluída ela mesma). Poderase facer unha inscrición nun máximo de 3 actividades (sen contabilizar musicoterapia e guitarra).

Multimedia