- Tematica
OBXECTIVO: Sensibilizar e capacitar a empresas e persoas autónomas en seguridade dixital e marco regulatorio.
ESTRUTURA: Dúas sesións formativas presenciais independentes e totalmente gratuítas.
DURACIÓN: 2 horas cada sesión.
DIRIXIDO A: Empresas e profesionais de calquera sector, incluíndo perfís directivos, técnicos, xurídicos ou responsables de IT.
INCENTIVO PEMES: As pemes asistentes recibirán sen custo un informe básico do seu estado de ciberseguridade (tipo “diagnóstico rápido”), que lles permitirá ter unha primeira visión clara dos seus riscos e próximos pasos.
Para poder participar é necesaria a inscrición previa a través do formulario correspondente a cada sesión:
1ª sesión: Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas
Descrición: Sesión introdutoria que fai un repaso polas cuestións principais de ciberseguridade que afectan ás persoas no seu día a día tanto no ámbito corporativo coma no persoal, con énfase na importancia da detección de técnicas de engano como o phishing.
Día: 26.05.2026
Horario: 17:00 a 19:00 horas
Lugar: Sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
2ª sesión: Lexislación en Intelixencia Artificial
Descrición: Sesión destinada a directivos e responsables técnicos de PEMEs co obxectivo de comprender o novo marco regulatorio e o seu impacto nas PEMEs que empregan IA.
Día: 03.06.2026
Horario: 17:00 a 19:00 horas
Lugar: Sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña
FORMULARIO DE INSCRICIÓN





