- Tematica
Ante a mostra de solidariedade que está mostrando a veciñanza amesá para axudar ao pobo ucraíno, o Concello de Ames informa que se puxo en contacto coa FEGAMP e con ACNUR (Axencia da ONU para os Refuxiados) para xestionar o envío de axuda humanitaria a Ucraína. Ambas organizacións, FEGAMP e ACNUR, recomendan polo de agora non recoller axuda material polos problemas de loxística que existen en Ucraína.
Agora mesmo as ONG solicitan achegas económicas como colaboración. Deste xeito, as persoas que queiran facer unha achega económica pódeno facer a través da páxina web de ACNUR ou da web da ONG Cruz Roja. Ademais, o Concello de Ames puxo a disposición da FEGAMP algunhas prazas de acollida para os/as refuxiados/as ucraínos/as.
O alcalde de Ames, Blas García, destacou “agradecemos a colaboración e a solidariedade da veciñanza de Ames. Organizaremos todo o necesario desde o Concello cando se clarifique a situación e melloren as posibilidades de envío de axuda humanitaria”.




